EDUBLOGS
Os edublogs son weblogos, cal o seu principal obxectivo é apoiar o proceso de ensinanza e aprendizaxe nun contexto educativo, de aí o seu nome: suma de education (educación) máis blog . A súa utilidade vale tanto para profesores/as como para o alumnado. Con esta ferramenta poden medrar os lazos entre os propios mestres e alumnos/as, e deste xeito modernizando o modo do aprendizaxe e facendo deste, algo dinámico e interesante.
Por outra banda, estes blogs empréganse polos docentes para publicar contidos, dar instrucións sobre actividades e proxectos, compartir recursos, publicar experiencias de aula ou resolver dúbidas dos seus alumnos. Por parte dos alumnos tamén ten funcións como a de desenvolver tarefas individuais ou observar e mirar as tarefas que o mestre colga nel.
FERRAMENTAS E PROGRAMAS QUE PODEMOS USAR PARA PODER CREAR UN BLOG
Existen diferentes ferramentas para a creación dun blog, entre elas están:
· Blogger (http://www.blogger.com): é un blog gratuíto co cal podemos xestionalo dende a web. Nel temos as oportunidade de publicar contidos sen necesidade de instalar códigos ou programas.
· Weblogger (www.weblogger.com): este é un blog de pago, situado na web no que se publican anotacións mediante un sistema de publicación sencillo.
· Live journal (www.livejournal.com) : é un weblog que permite manter un diario ou periódico en liña. É un servizo de pago, aínda que existe unha versión gratuíta.
· Word Press (http://es.wordpress.com) : e un sistema para a creación de blogs, é moi completo, gratuíto e de uso moi doado. Este é un dos máis usados co 14.7 % dos usuarios.
OS USOS DOS BLOG NUNHA PEDAGOXÍA CONSTRUCTIVISTA
Os usos dos blogs poden ser moi diversos e dependendo das etapas nas que nos encontremos ou dos mestres que o leven a cabo.
Na miña opinión penso que un blogs educativo debe ser, principalmente, un vínculo de comunicación entre a escola, a aula e as familias. Para que estas últimas teñen en todo momento contacto ca escola e co que os seus fillos e fillas están a facer.
Nos blogs deberíanse introducir as actividades feitas na aula, as excursións, as visitas, os proxectos que se realizan, os eventos que teñen cabida na aula (aniversarios, despedidas e recibimentos, nacementos de irmáns, etc,), entre outros. Todo isto deberá ir acompañado con moitas fotografías para que fagan o blog máis dinámico e agradable a vista.
Os blog de aula non só os debe levar a cabo os mestres, senón todo o contrario, é recomendable que os nenos teñan un apartado para introducir o que eles pensen que é interesante, xa que isto facilitará para o mestre coñecer aos pequenos. E tamén, creará un interese ao alumnado polas novas tecnoloxías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario