Diseño de un Edublog


A estrutura ideal que debería ter un edublog de aula e o tipo de actividades que incluirías.
Para a creación de un blog non só basta con ter a materia necesaria para introducir nel, senón que, dependendo do público ao que vaia dirixido, será moi importante a súa presenza á hora de velo. Desde logo, tamén a materia e actividades que se introduzan nel deben ser de calidade e con un valor.
O orde debe ser un punto elemental nestes casos, xa que sen el o blog non se entendería e non sería visitado nin usado polo persoal interesado. Para
Na parte superior estaría posto o título do noso blog e unha pequena descripcón para dicir quen somos.
   

Xusto debaixo irían incluídas páxinas. Estas serán creadas para distintos tipos de fins. Por exemplo eu poría un poría un para os recunchos que existen na aula; un galería de fotos, na que iría introducindo todas as fotos sacadas na escola; outras para os contos, tanto para a descrición como para subir os que eles elaboran e escenifiquen, e por ultimo un no que poder introducir cousas significantes, sexan noticias, páxinas de interese ou comentarios. Tamén se podería añadir unha páxina na que as familias tivesen cabida, xa que así crearíase un maior vínculo entre a familia e a escola. 


Por o lado esquerdo, para que un blog teña o orde adecuado poría un gadget para as actividades e nel iría introducindo todas as actividades, excursións, talleres, traballos, proxectos, etc., que se van realizando na aula. Este compartiría sitio con unha sección para blogs relacionados  ou mesmamente cos do arredor da escola, para que deste modo houbese unha comunicación entre os diferentes membros que a forman e estivesen ao tanto do que acontece dentro da aula.


Por outra bando, todos os gadgets que teñen relación social, ben sexan chats, calendarios ou información do perfil estarían no lado dereito. A orde sería en primeiro lugar a información, é dicir, o perfil, no que poríamos un vídeo ou fotografía significativa para nós; logo un pequeno calendario, o máis vistoso posible; as etiquetas das entradas, en forma de nube; un contador de visitas, que resultará moi interesante para os nenos e nenas, e por último un chat, para que se puidesen comunicar os pequenos e pequenas.



Por último dicir que, tanto blogger como outras páxinas para blogs, dispoñen de deseños e plantillas moi de acordes para este ambiente de escola e familia, pero ao mesmo tempo dinámico. Algúns exemplos delas son: